A Asociacion 2PROSPORT e o Excmo Concello de Cabana de Bergantiños veñen de reafirmar a súa vontade de colaboración para formar equipa e poder levar o baloncesto a marabillosa localidade de Cabana de Bergantiños. Poren, 2PRO, que pechou a edición 2025 cun cento de participantes de toda España e Galicia entre adestradores e xogador@s, tera lugar un ano mais nos seus turnos femenino, infantil masculino e cadete-junior masculino no mes de xullo na localidade de Cabana, con estas datas.

FEMENINO: Para mozas entre 12 e 17 anos, do 12 ao 18 de xullo do 2026

INFANTIL MASCULINO : Para rapaces da categoría infantil , do 19  ao 25 se xullo do 2026

CADETE JUNIOR MASCULINO: Para rapaces das categorias cadete e junior, do 26 de xullo ao 1 de agosto.

Froito do acordo de colaboracion entre 2PRO e o Concello de Cabana, os rapaces poderán utilizar as instalacions deportivas municipais e a escola municipal de Vela, coma en edicions anteriores, facendo que, xunto co albergue Alala, se den unhas condicions inmellorables para a práctica deportiva.

Asemade, neste marco de colaboración entre as dúas institucions estase a traballar na realización de outras actividades complementarias durante o ano que poidan atraer o baloncesto a localidade Bergantiñana, das que se irá informando o longo dos vindeiros meses.

Categorías: Noticias